Cando pulses co rato a nota correcta xa poderás mover o comecocos coas teclas de dirección (as frechas que están no teclado) ata a nota musical e comela.
Escoita atentamente cada son. Debes elixir que instrumento é o que está tocando. Cando acertes, a persoa ou animal que toca se colocará no escenario, se non acertas oirás un son que indica error e deberás volver a intentarlo.
Cando teñas todos os instrumentos no escenario escoitarás como tocan unha bonita melodía da obra de Mozart "A frauta máxica".
Tes que conseguir que as notas que van aparecendo entren no lugar correspondente coa súa cor. Se o fas o son será moi bo, pero se non, parecerá que lle pisaches no rabo a un gato.
Utiliza as frechas do teclado para que as notas cheguen a tempo ao seu lugar.