domingo, 14 de octubre de 2012

NINGÚN INDIO SEN CANOA

Neste xogo tes que meter a cada indio na súa canoa.

Escoita atentamente os sons de cada indio e ordealos tendo en conta que os máis graves van abaixo no pentagrama e os agudos van subindo.





MAMÁ PATA

Mamá pata busca ao seu fillo para ensinarlle a nadar. Para axudala segue os seguintes pasos:

- Clica na mamá pata e escoita atentamente as notas que soan

- Clica nos patitos agachados ata que atopes o que canta igual que a súa mamá.

- Acercao á mamá pata e si acertaches verás como aprende a nadar.




domingo, 23 de septiembre de 2012

CREA O TEU PROPIO GRUPO!!!

Con este xogo poderás facer centos de combinacións con diferentes músicos, dándolle a cada un deles o papel que máis che guste.





DEBUXA A CLAVE DE SOL

Colle o lápis e debuxa a clave de sol.

Se te equivocas podes usar o borrador.

Fai o xogo moitas veces ata que te saia moi ben!





COME NOTAS

Cando pulses co rato a nota correcta xa poderás mover o comecocos coas teclas de dirección (as frechas que están no teclado) ata a nota musical e comela.

O xogo remata cando teñas 50 puntos.

SORTE!!!